Ir al contenido principal

Recórdovos que había estes exercicios para realizar en casa e podédesmo mandar por correo electrónico.

Contestade ás preguntas como vós entendades. Son preguntas de contestación longa. 1. Explica que é a prematuridade e que ten que ver coa socialización.


2. Cres que os pais e os profesores axudan aos seus fillos e fillas e aos estudantes, respetivamente, ou que máis ben buscan o seu propio beneficio? Dá argumentos a favor de cada resposta.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Texto para subir nota da segunda evaluación

Realizade as preguntas marcadas cun cículo
3.Historia dos dereitos humanos. O desenvolvemento histórico dos dereitos humanos consta de tres episodios (<<xeracións>>), que fan referencia á orde da súa consecución histórica e ao seu destinatario inmediato: a)Os dereitos de primeira xeración fóronse conquistando a partir do s.XVIII e teñen o individuo como protagonismo. b)Os dereitos de segunda xeración recoñecéronse a partir do s.XIX e son de carácter colectivo e social. c)Os dereitos de terceira xeración engadíronse no s.XX e aluden á humanidade como tal. 3.1.Dereitos de primeria xeracón. Son dereitos civís e políticos. Foron os primeiros en alcanzar un recoñecemento xurídico por parte dos Estados occidentais a partir do s.XVIII, grazas, principalmente, ás revolucións americana e francesa. O seu obxectivo é a protección da liberdade do individuo, así como da súa integridade física, e ofrecer canles de participación pública aos cidadáns no poder político. 3.2.Dereitos de segunda xeración...