Ir al contenido principal
3.Historia dos dereitos humanos.
O desenvolvemento histórico dos dereitos humanos consta de tres episodios (<<xeracións>>), que fan referencia á orde da súa consecución histórica e ao seu destinatario inmediato:

a)Os dereitos de primeira xeración fóronse conquistando a partir do s.XVIII e teñen o individuo como protagonismo.
b)Os dereitos de segunda xeración recoñecéronse a partir do s.XIX e son de carácter colectivo e social.
c)Os dereitos de terceira xeración engadíronse no s.XX e aluden á humanidade como tal.

3.1.Dereitos de primeria xeracón.
Son dereitos civís e políticos. Foron os primeiros en alcanzar un recoñecemento xurídico por parte dos Estados occidentais a partir do s.XVIII, grazas, principalmente, ás revolucións americana e francesa.

O seu obxectivo é a protección da liberdade do individuo, así como da súa integridade física, e ofrecer canles de participación pública aos cidadáns no poder político.

3.2.Dereitos de segunda xeración.
Son de carácter económico, social e cultural en xeral. O seu recoñecemento chegou como consecuencia das loitas sociais emprendidas polos movementos obreiros no s.XIX: o socialismo, o comunismo e o anarquismo.

Entre estes dereitos atópanse: o dereito a un salario e a un traballo digno, a vacacións pagadas, o dereito á folga, etc.

O obxectivo destes dereitos é o establecemento dunha orde social e un sistema de goberno xustos que garantan a igualdade de todos os cidadáns e o gozo universal de beneficios laborais, sociais e culturais.


3.3.Dereitos de terceira xeración.
Foron os últimos en ser recoñecidos e fan referencia aos dereitos dos pobos á solidariedade, o desenvolvemento e a paz, e aos dereitos de colectivos particularmente desfavorecidos.

Dentro destes dereitos destacan aqueles dirixidos a reforzar a protección da muller e da infancia, prohibindo expresamente a discriminación por razón de sexo, de idade, de cultura... Tamén prohiben o traballo infantil e a explotación sexual de persoas.

Por último, sinalan a necesidade de manter un ambiente beneficioso para todos, sostible e equilibrado, e a importancia de ter protexido o individuo contra o uso fraudulento e abusivo dos novos medios tecnolóxicos de información e de comunicación, que, con demasiada frecuencia, atentan contra a liberdade, a intimidade e a seguridade das persoas.

Cando en 1948 se aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, aínda non se producira a enorme expansión das novas tecnoloxías e non se tiña a suficiente conciencia dos graves problemas ecolóxicos provocados polo desenvolvemento industrial, polo que estes dereitos non foron incluídos naquela primeira declaración da ONU.

4.Violación dos dereitos humanos.
Se non se respectan os dereitos humanos, ponse en risco a dignidade das persoas. Desgraciadamente, hai moitos exemplos diso:
  • Discriminación e violencia contra as mulleres.
  • A infancia. Abuso sexual, traballo infantil, utilización de nenos como soldados, etc.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Conflitos nas nosas relacións. 1. Comportamentos conflitivos. nas nosas relacións cos demais, sempre é posible ter experiencias negativas, como desenganos, traizóns ou distanciamento, e mesmo agresivas, como discusións e pelexas. Estes conflitos ás veces resólvense e ás veces non, pero normalmente non se prolongan durante moito tempo, son pasaxeiros. Non obstante, o bullying é un comportamento grave de acoso intencionado dun agresor que maltrata a súa vítima, quen, á súa vez, sente dominada e impotente. O bullying é un comportamento continuado no tempo e prodúcese tanto ente rapaces coma entre rapazas. O agresor goza e fachendea ante os demais compañeiros, que actúan como cómplices pasivos do sufrimento que ocasiona ao agredido, o cal está sempre en desvantaxe. O fustrigamento á vítima pode ser de forma física ou a través das redes sociais. É ameazada, esíxeselle diñeiro ou é insultada, sofre agresións físicas e propáganse falsos rumores ...