Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

Ética e dereito

Ética e dereito 1.1 Xustiza e lei. A ética intenta axudarnos a descibrir o que está ben ou o que está mal e por que. Naturalmente, esta investigación oriéntanos na busca da xustiza. Con ella intentamos establecer harmonía individual e social. Interésannos persoas e sociedades xustas. Como repartir as tarefas e os beneficios de todos para favorecer ao máximo e prexudicar o menos posible? Certamente, diferentes pobos e autores deron diversas respostas a esta pregunta, de modo que o que nuns lugares parece xusto, noutros non o é. Para levar á práctica as decisións dos gobernantes dunha sociedade está o dereito. O seu marco, curiosamente, non é tanto o da xustiza como o da lei. As cuestións fundamentais son: quen fai as leis? Como as fai? A quen se aplican? E como se sancionan os que as incumpren? Se os gregos foron os grandes pensadores acerca da xustiza, o noso sistema legal débelles moito máis aos romanos. 1. 2. Axustiza na Grecia clásica. Heráclito consider
2 Límites da esixencia pública. Asumimos que todos debemos contribuir ao ben público, pero canto? Cales son os límites que podemos marcar e máis alá dos cales non estamos obrigados a facer achegas? Este tipo de preguntas fixéronse moi relevantes nos s. XVII e XVIII en boa parte de Europa. 2.1Locke O filósofo inglés John Locke defendeu que se pertencemos a unha sociedade é para que protexa a nosa vida, a nosa liberdade e os nosos bens; polo tanto, non pode quitarnos nada diso. Este límite marca a súa oposición ao absolutismo: se os gobernantes queren despoxarnos dos nosos bens, estannos a declarar a guerra e temos dereito a defendernos. De aí que a súa proposta se denomine <<liberalismo>>, porque pretende protexer a liberdade dos individuos dentro da orde social. O poder de quen fai as leis remta alí onde remata o ben público. Locke inaugurou a liña que conduce ás declaracións de dereitos humanos, posto que mantiña que os seres humanos nacían libres
Bos días!!! Logo destes días de descanso, volvemos ao ataque!! Tamén recordar aos que lles falta algo por entregar que aínda estades a tempo. Recórdovos que os exercicios que vos mando facer son para entregalos a semana seguinte.
Tema. Vida pública e liberdade. As sociedades como a nosa crean servizos públicos que serven para atender necesidades sociais e que pagamos entre todos mediante os impostos. Nelas, é importante que exista un equilibrio entre as obrigas e os dereitos dos cidadáns. A ética axúdanos a pensar acerca do xusto. E o dereito reflexiona e establece leis. O ideal sería que o xusto e o legal coincidisen. Con este obxectivo, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos ofrece un criterio de referencia con grande aceptación na actualidade para recoñecer se unha lei é xusta ou non. En calquera caso, o cumprimento da lei garante máis liberdade que a súa ausencia. E a resposta asertiva ante as inxustizas é máis beneficiosa que as respostas pasiva e agresiva 1. Vida privada e vida pública. Vivir en sociedade ten bastantes vantaxes, pero tamén ten inconvenientes. 1.1 Os servizos públicos desde un punto de vista estritamente político, en cada sociedade os cidadáns teñen
Conflitos nas nosas relacións. 1. Comportamentos conflitivos. nas nosas relacións cos demais, sempre é posible ter experiencias negativas, como desenganos, traizóns ou distanciamento, e mesmo agresivas, como discusións e pelexas. Estes conflitos ás veces resólvense e ás veces non, pero normalmente non se prolongan durante moito tempo, son pasaxeiros. Non obstante, o bullying é un comportamento grave de acoso intencionado dun agresor que maltrata a súa vítima, quen, á súa vez, sente dominada e impotente. O bullying é un comportamento continuado no tempo e prodúcese tanto ente rapaces coma entre rapazas. O agresor goza e fachendea ante os demais compañeiros, que actúan como cómplices pasivos do sufrimento que ocasiona ao agredido, o cal está sempre en desvantaxe. O fustrigamento á vítima pode ser de forma física ou a través das redes sociais. É ameazada, esíxeselle diñeiro ou é insultada, sofre agresións físicas e propáganse falsos rumores