Ir al contenido principal
Tema. Vida pública e liberdade.

As sociedades como a nosa crean servizos públicos que serven para atender necesidades sociais e que pagamos entre todos mediante os impostos. Nelas, é importante que exista un equilibrio entre as obrigas e os dereitos dos cidadáns.

A ética axúdanos a pensar acerca do xusto. E o dereito reflexiona e establece leis. O ideal sería que o xusto e o legal coincidisen.


Con este obxectivo, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos ofrece un criterio de referencia con grande aceptación na actualidade para recoñecer se unha lei é xusta ou non.

En calquera caso, o cumprimento da lei garante máis liberdade que a súa ausencia. E a resposta asertiva ante as inxustizas é máis beneficiosa que as respostas pasiva e agresiva


1. Vida privada e vida pública.

Vivir en sociedade ten bastantes vantaxes, pero tamén ten inconvenientes.

1.1 Os servizos públicos
desde un punto de vista estritamente político, en cada sociedade os cidadáns teñen unha serie de dereitos. Por exemplo, o acceso á sanidade, á educación, a prestacións por desemprego ou xubilación, a dispoñer de agua potable, a unhas infraestruturas…, en definitiva, a unha prestación de servizos públicos. Pero nada diso é gratis, pagámolo todo. Como o facemos? Mediante os ipostos.

Asi pois, beneficiámonos duns servizos que non poderiamos financiar como individuos illados, pero que si son posibles grazas ao esforzo común.

En sociedades tan grandes coma a nosa, a organización vólvese moi complicada e esixe un funcionamento bastante estrito para intentar proporcionar a maior cantidade e a mellor calidade de servizos posibles co menor custo. Pero sexa como sexa, sempre custan diñeiro e vémonos obrigados a contribuír e a colaborar.

1.2 Meu e de todos.
A ninguén lle gusta que lle quiten o que considera seu. O concepto de propiedade está moi arraigado no ser humano. Igual que os animais territoriais defenden o seu espazo ou os membros do seu grupo, as persoas temos un acusado sentido de pertenza: moléstanos que ataquen o noso ou os nosos, que alguén queira arrebatarnos algo…

Non obstante, moitas veces non temos tan claro que debamos defender o que é de todos: os bancos dos parques públicos, os libros da biblioteca pública, os farois da vía pública… O certo é que tamén nos pertencen. Ademais, son coisas que mercamos e cuxas reparacións haberá que pagar, polo que nos convén que se manteñan en bo estado.

Se facemos as cousas ben, o público debe ser o resultado do esforzo de todos e debe beneficiar a todos. No mellor dos casos, deben contribuir máis os que máis teñen e beneficiarse máis os que máis o necesitan para evitar abusos de calquera tipo.


- As pintadas e os estragos do mobiliario urbano son unha mostra do desprezo polos bens públicos. Por que cres que se producen estas condutas incívicas?

Comentarios

Entradas populares de este blog

3.Historia dos dereitos humanos. O desenvolvemento histórico dos dereitos humanos consta de tres episodios (<<xeracións>>), que fan referencia á orde da súa consecución histórica e ao seu destinatario inmediato: a)Os dereitos de primeira xeración fóronse conquistando a partir do s.XVIII e teñen o individuo como protagonismo. b)Os dereitos de segunda xeración recoñecéronse a partir do s.XIX e son de carácter colectivo e social. c)Os dereitos de terceira xeración engadíronse no s.XX e aluden á humanidade como tal. 3.1.Dereitos de primeria xeracón. Son dereitos civís e políticos. Foron os primeiros en alcanzar un recoñecemento xurídico por parte dos Estados occidentais a partir do s.XVIII, grazas, principalmente, ás revolucións americana e francesa. O seu obxectivo é a protección da liberdade do individuo, así como da súa integridade física, e ofrecer canles de participación pública aos cidadáns no poder político. 3.2.Dereitos de segunda xeración
Boas tardes a todos!! Espero que todos esteades ben!! Querovos recordar que o día 27 remata a posibilidade de subir nota. Un saúdo.
2 Límites da esixencia pública. Asumimos que todos debemos contribuir ao ben público, pero canto? Cales son os límites que podemos marcar e máis alá dos cales non estamos obrigados a facer achegas? Este tipo de preguntas fixéronse moi relevantes nos s. XVII e XVIII en boa parte de Europa. 2.1Locke O filósofo inglés John Locke defendeu que se pertencemos a unha sociedade é para que protexa a nosa vida, a nosa liberdade e os nosos bens; polo tanto, non pode quitarnos nada diso. Este límite marca a súa oposición ao absolutismo: se os gobernantes queren despoxarnos dos nosos bens, estannos a declarar a guerra e temos dereito a defendernos. De aí que a súa proposta se denomine <<liberalismo>>, porque pretende protexer a liberdade dos individuos dentro da orde social. O poder de quen fai as leis remta alí onde remata o ben público. Locke inaugurou a liña que conduce ás declaracións de dereitos humanos, posto que mantiña que os seres humanos nacían libres