Ir al contenido principal

Entradas

3.Historia dos dereitos humanos. O desenvolvemento histórico dos dereitos humanos consta de tres episodios (<<xeracións>>), que fan referencia á orde da súa consecución histórica e ao seu destinatario inmediato:
a)Os dereitos de primeira xeración fóronse conquistando a partir do s.XVIII e teñen o individuo como protagonismo. b)Os dereitos de segunda xeración recoñecéronse a partir do s.XIX e son de carácter colectivo e social. c)Os dereitos de terceira xeración engadíronse no s.XX e aluden á humanidade como tal.
3.1.Dereitos de primeria xeracón. Son dereitos civís e políticos. Foron os primeiros en alcanzar un recoñecemento xurídico por parte dos Estados occidentais a partir do s.XVIII, grazas, principalmente, ás revolucións americana e francesa.
O seu obxectivo é a protección da liberdade do individuo, así como da súa integridade física, e ofrecer canles de participación pública aos cidadáns no poder político.
3.2.Dereitos de segunda xeración. Son de carácter económico, …
Entradas recientes

Programación do curso (non son exercicios)

Os dereitos humanos

Os dereitos humanos Os dereitos humanos son un conxunto de dereitos dundamentais que toda persoa ten polo feito de ser humana.
Os seus valores éticos responden aos ideais de liberdade, xustiza, igualdade, solidariedade, tolerancia e paz.
A conquista dos dereitos humanos foi froito dun proceso histórico que culminou coa Declaración Universal dos Dereitos Humanos, asinada en 1948 polos países pertencentes á ONU.
Existen dereitos de primeira, de segunda e de terceira xeración.
A consecuencia inmediata de non respectar os dereitos humanos é a perda da dignidade das persoas.
Casos de violación dos dereitos humanos son, entre outros: a violencia de xénero, os malos tratos infantís, o Holocausto xudeu e outros crimes de guerra. Pero tamén casos de prisión inxustificada, torturas e censura da liberdade de pensamento e de expresión.

1.Que son os dereitos humanos? 1.1.O seu obxectivo: a dignidade das persoas. Cando falamos de dereitos, moitas veces pensamos primeiro en cada un de nós individualme…
Os valores éticos.
Os seres humanos vivimos nun mundo de valores que constitúen unha <<segunda natureza>>.
Os valores son calidades obxectivas que atopamos nas coudas ou en accións relacionadas coa acción de preferir dos seres humanos. Teñen unha orde e dous polos, un positivo e outro negativo.
Os valores éticos miden e regulan a nosa realción cos demais. Isto diferénciaos de calquera outro valor e fainos superiores. A obriga, ou deber, da que todos temos conciencia e experiencia, é unha característica específica dos valores morais.
Os valores morais, que se aprenden e son efectivos coa práctica, son imprescindibles para organizar a convivencia humana.
A educación en valores ensínanos que na vida non todo serve, que non só paga a pena perseguir obxectivos honestos e valiosos, senón que tamén os medios que utilicemos para alcanzalos teñen que ser moralmente bos; é dicir, respectuosos coas persoas.

1. Ensinanza e aprendizaxe de valores. 1.1. Aeducación en valores. Os valores a…

2.Características do moral.

2.Características do moral. 2.1.As accións instintivas. Cando percibimos un perigo, notamos unha ameaza na escuridade ou vemos un posible agresor, sentimos medo e quedamos paralizados ou tratamos de fuxir. Ante un exame complicado, podémonos poñer nerviosos, súaannos as mans e a algún mesmo se lle quitan as ganas de comer.
Estes son só dous exemplos dese tipo de reaccións que chamamos <<accións do ser humano>>. Estas accións dicimos que son instintivas.
Os instintos son pautas de acción ou condutas que non aprendemos e que están moi relacionadas co corpo e as súas reaccións para adaptarse ao medio.
Dise que os instintos son hereditarios porque non son aprendido, polo que mostran poucas variacións dun individuo a outro da mesma especie.
2.2.A acción moral é libre. No ser humano, a diferencia dos animais, case toda a súa conduta está moldeada pola súa vontade, dirixida pola súa razón e a súa intelixencia.
A liberdade ten moitos significados. Pero a liberdade á que nos referimo…

Moral e ética

Moral e ética
1.1. Que é o moral.
O temo <<moral>> procede da palabra latina mos moris, que significa “costume”. Inicialmente, obrar moralmente significa actuar de acordo coas leis e cos costumes que rexen nuha determinada comunidade.
Os costumes, as obrigas, as leis, os regulamentos..., son realidades morais, porque dependen do que as persoas queren, fanas os seres humanos.
O adxectivo <<moral>> cualifica as nosas accións que mantemos con outras persoas. Non ten sentido dicir: <<O meu can non morde, é moi moral>> ou <<O último tsunami en Xapón actuou de forma perversa ou inmoral>>.


1.2. A moral é para as persoas.
Pero de que accións se ocupa a moral? En xeral, de todas en tanto que afectan aos demais ou a nós mesmos como persoas.
As nosas accións son moi variadas, aínda que poderiamos agrupalas en dous tipos:
a)Unhas están relacionadas coa nosa natureza animal (comer, reproducirnos, defendernos,...) e podemos chamalas <<accións d…

Ética e dereito

Ética e dereito
1.1 Xustiza e lei. A ética intenta axudarnos a descibrir o que está ben ou o que está mal e por que. Naturalmente, esta investigación oriéntanos na busca da xustiza. Con ella intentamos establecer harmonía individual e social. Interésannos persoas e sociedades xustas.
Como repartir as tarefas e os beneficios de todos para favorecer ao máximo e prexudicar o menos posible? Certamente, diferentes pobos e autores deron diversas respostas a esta pregunta, de modo que o que nuns lugares parece xusto, noutros non o é.
Para levar á práctica as decisións dos gobernantes dunha sociedade está o dereito. O seu marco, curiosamente, non é tanto o da xustiza como o da lei. As cuestións fundamentais son: quen fai as leis? Como as fai? A quen se aplican? E como se sancionan os que as incumpren?
Se os gregos foron os grandes pensadores acerca da xustiza, o noso sistema legal débelles moito máis aos romanos.

1.2. Axustiza na Grecia clásica. Heráclito consideraba que a xustiza era un asunto …