Ir al contenido principal

Os dereitos humanos

Os dereitos humanos
Os dereitos humanos son un conxunto de dereitos dundamentais que toda persoa ten polo feito de ser humana.

Os seus valores éticos responden aos ideais de liberdade, xustiza, igualdade, solidariedade, tolerancia e paz.

A conquista dos dereitos humanos foi froito dun proceso histórico que culminou coa Declaración Universal dos Dereitos Humanos, asinada en 1948 polos países pertencentes á ONU.

Existen dereitos de primeira, de segunda e de terceira xeración.

A consecuencia inmediata de non respectar os dereitos humanos é a perda da dignidade das persoas.

Casos de violación dos dereitos humanos son, entre outros: a violencia de xénero, os malos tratos infantís, o Holocausto xudeu e outros crimes de guerra. Pero tamén casos de prisión inxustificada, torturas e censura da liberdade de pensamento e de expresión.


1.Que son os dereitos humanos?
1.1.O seu obxectivo: a dignidade das persoas.
Cando falamos de dereitos, moitas veces pensamos primeiro en cada un de nós individualmente. Así, dicimos: <<Teño dereito a...>>. En ocasións, ampliamos ese dereito a un colectivo concreto: os europeos teñen o dereito de libre circulación polo territorio da Unión Europea...

Non obstante, a secuencia lóxica ao pensar nos dereitos tería que ser a inversa: posto que todos os seres humanos teñen dereito á igualdade ante a lei, por exemplo, e como eu son un ser humano, entón eu teño ese dereito.

O certo é que, xa sexa partindo do individuo, dunha colectividade determinada, ou ben da humanidade enteira, hai unha serie de dereitos que a todos nos protexen e nos que se recoñece a nosa dignidade como persoa.

O obxectivo dos dereitos humanos é, pois, lograr o respecto á dignidade humana. Por iso se erixen nun código ético universal que serve a todos os individuos e a todos os estados de referencia obxectiva para asegurar a liberdade, establecer a xustiza e desenvolver a solidariedade e a paz.


1.2.Cales son e que características teñen?
Para saber cales son eses dereitos hai que acudir a un documento de carácter xurídico, coñecido como a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH), encargado de expresalos pública e universalmente.

Eses dereitos fundamentais publicados na mencionada declaración son froito dunha longa conquista histórica da humanidade, encamiñada a facer efectivo o respecto á dignidade das persoas e aos seus atributos esenciais como seres humanos: a liberdade, a xustiza, a igualdade ante a lei, etc.

Os dereitos humanos teñen as seguintes características:
a) Son universais: é dicir, válidos para calquera ser humano en todo tempo e lugar.

b)Son absolutos: están por enriba de todos os demais dereitos.

c)Son inalienables: nunca poden ser arrebatados ás persoas nin as persoas poden renunciar a eles.

d)Son obrigatorios: os Estados, os individuos e as organizacións internacionais están obrigados a velar polo seu cumprimento en todas as partes e en calquera situación.


1.3.Actitudes contra os dereitos humanos.
Desfraciadamente, existen moitas e todas moi virulentas. O racismo e a xenofobia, os malos tratos infantís, a violencia contra as mulleres, a intolerancia e a exclusión social de determinados colectivos polas súas crenzas, relixión, etc. En xeral, son todas aquelas actitudes que atentan contra individuos, pobos, etnias e culturas.


1.4.As ONG.
Entre as diversas institucións que velan polo cumprimento dos dereitos humanos destacan as ONG, que son organizacións non gobernamentais cuxo obxectivo é a defensa e a promoción dos valores éticos nos que se basean os dereitos humanos.


2.A Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
2.1.Orixe da Declaración.
A carta que contén a Declaración Universal dos Dereitos Humanos foi aprobada o 10 de decembro de 1948 polos Estados que, naqueles momentos, formaban parte da Organización de Nacións Unidas (ONU). A partir de entón, cada Estado que se incorpora á ONU ten que asinar esa Declaración e comprometerse a respectar tales dereitos.

Esa carta de dereitos fundamentais foi elaborada por unha comisión na que participaron pensadores, escritores, políticos, líderes relixiosos e personalidades relevantes de diferentes países e tradicións culturais, recollendo, dese xeito, o sentir e as aspiracións do maior número posible de sociedade e de culturas.


2.2.Función da Declaración e os seus valores éticos.
A súa función é servir de <<código ético>> para todos os países do mundo (e obrigatoriamente para os países integrantes da ONU), co fin de promover a liberdade, a xustiza, a igualdade, a solidariedade, a tolerancia e a paz.

Deste xeito, preténdese que todo ser humano leve unha vida digna, a cal se basea na realización deses valores éticos fundamentais. Non en van, un dos lemas da Revolución francesa de 1789, fito histórico imprescindible na aparición dos dereitos humanos, dicía: <<Liberdade, igualdade e fraternidade>>.

Comentarios

Entradas populares de este blog

3.Historia dos dereitos humanos. O desenvolvemento histórico dos dereitos humanos consta de tres episodios (<<xeracións>>), que fan referencia á orde da súa consecución histórica e ao seu destinatario inmediato: a)Os dereitos de primeira xeración fóronse conquistando a partir do s.XVIII e teñen o individuo como protagonismo. b)Os dereitos de segunda xeración recoñecéronse a partir do s.XIX e son de carácter colectivo e social. c)Os dereitos de terceira xeración engadíronse no s.XX e aluden á humanidade como tal. 3.1.Dereitos de primeria xeracón. Son dereitos civís e políticos. Foron os primeiros en alcanzar un recoñecemento xurídico por parte dos Estados occidentais a partir do s.XVIII, grazas, principalmente, ás revolucións americana e francesa. O seu obxectivo é a protección da liberdade do individuo, así como da súa integridade física, e ofrecer canles de participación pública aos cidadáns no poder político. 3.2.Dereitos de segunda xeración
Boas tardes a todos!! Espero que todos esteades ben!! Querovos recordar que o día 27 remata a posibilidade de subir nota. Un saúdo.
2 Límites da esixencia pública. Asumimos que todos debemos contribuir ao ben público, pero canto? Cales son os límites que podemos marcar e máis alá dos cales non estamos obrigados a facer achegas? Este tipo de preguntas fixéronse moi relevantes nos s. XVII e XVIII en boa parte de Europa. 2.1Locke O filósofo inglés John Locke defendeu que se pertencemos a unha sociedade é para que protexa a nosa vida, a nosa liberdade e os nosos bens; polo tanto, non pode quitarnos nada diso. Este límite marca a súa oposición ao absolutismo: se os gobernantes queren despoxarnos dos nosos bens, estannos a declarar a guerra e temos dereito a defendernos. De aí que a súa proposta se denomine <<liberalismo>>, porque pretende protexer a liberdade dos individuos dentro da orde social. O poder de quen fai as leis remta alí onde remata o ben público. Locke inaugurou a liña que conduce ás declaracións de dereitos humanos, posto que mantiña que os seres humanos nacían libres