Ir al contenido principal

Moral e ética

Moral e ética

1.1. Que é o moral.

O temo <<moral>> procede da palabra latina mos moris, que significa “costume”. Inicialmente, obrar moralmente significa actuar de acordo coas leis e cos costumes que rexen nuha determinada comunidade.

Os costumes, as obrigas, as leis, os regulamentos..., son realidades morais, porque dependen do que as persoas queren, fanas os seres humanos.

O adxectivo <<moral>> cualifica as nosas accións que mantemos con outras persoas. Non ten sentido dicir: <<O meu can non morde, é moi moral>> ou <<O último tsunami en Xapón actuou de forma perversa ou inmoral>>.



1.2. A moral é para as persoas.

Pero de que accións se ocupa a moral? En xeral, de todas en tanto que afectan aos demais ou a nós mesmos como persoas.

As nosas accións son moi variadas, aínda que poderiamos agrupalas en dous tipos:

a)Unhas están relacionadas coa nosa natureza animal (comer, reproducirnos, defendernos,...) e podemos chamalas <<accións do ser humano>>.

b)Outras teñen que ver coa nosa natureza racional ou intelectual (falar, lexislar...) e a estas, para distinguilas das outras, podemos denominalas <<accións humanas>>.

As <<accións humanas>> podémolas cualificar como ben ou mal feitas desde un punto de vista técnico.



1.3. A aprendizaxe moral

Se te paras a pensar un pouco na túa vida, verás que, aínda que es moi novo, levas xa moitos cursos en centros escolares: Gardería, Infantil, Primaria e en Secundaria. En todo ese tempo empezaches a coñecerte a ti mesmo e o mundo no que vives, e así seguirás aínda durante moitos anos.

A razón dese longo período de aprendizaxe é que os seres humanos, cando nacemos, non estamos plenamente formados, temos que ir aínda facéndonos a nós mesmos durante moito tempo, ao longo detoda a vida incluso.

Cando nacemos non partimos de cero, xa que somos herdeiros dun rico pasado. Temos que aprender moitas cousas que as xeracións anteriores descubriron ou crearon e sen as que non poderiamos entender o mundo no que vivimos. E o mesmo acontece cos nosos comportamentos e cos nosos costumes.

Comentarios