Ir al contenido principal
Os valores éticos.

Os seres humanos vivimos nun mundo de valores que constitúen unha <<segunda natureza>>.

Os valores son calidades obxectivas que atopamos nas coudas ou en accións relacionadas coa acción de preferir dos seres humanos. Teñen unha orde e dous polos, un positivo e outro negativo.

Os valores éticos miden e regulan a nosa realción cos demais. Isto diferénciaos de calquera outro valor e fainos superiores. A obriga, ou deber, da que todos temos conciencia e experiencia, é unha característica específica dos valores morais.

Os valores morais, que se aprenden e son efectivos coa práctica, son imprescindibles para organizar a convivencia humana.

A educación en valores ensínanos que na vida non todo serve, que non só paga a pena perseguir obxectivos honestos e valiosos, senón que tamén os medios que utilicemos para alcanzalos teñen que ser moralmente bos; é dicir, respectuosos coas persoas.


1. Ensinanza e aprendizaxe de valores.
1.1. Aeducación en valores.
Os valores adquirímolos de moitas formas e a partir de moitas influencias. A súa aprendizaxe depende da situación social, política e económica do país; da familia e dos amigos; da educación e do ensino recibidos, ou dos medios de comunicación social aos que accedemos.

Desde nenos perseguimos o que nos parece valioso e se ninguén nos educa, os nosos valores poden limitarse a apreciar só o que satisfai as nosas necesidades primarias.

Ademais, cada un dá prioridade a valores e a cousas diferentes ao longo da súa vida, dependendo de necesidades cambiantes e segundo en que situacións e circunstancias se encontre.

Ensinar e aprender cales son os valores fundamentais na vida é unha tarefa que se realiza mediante a educación. Así pois, ser educado consiste en recoñecer os valores éticos, a dignidade da persoa, como o fundamento dunha vida que poida recoñecerse como verdadeiramente humana.

A través da educación aprendemos que na vida non todo vale e que non só paga a pena perseguir uns obxectivos honrados e valiosos, senón que tamén os medios que utilicemos para alcanzalos teñen que ser moralmente bos; é dicir, respectuosos con todas as persoas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Texto para subir nota da segunda evaluación

Realizade as preguntas marcadas cun cículo
3.Historia dos dereitos humanos. O desenvolvemento histórico dos dereitos humanos consta de tres episodios (<<xeracións>>), que fan referencia á orde da súa consecución histórica e ao seu destinatario inmediato: a)Os dereitos de primeira xeración fóronse conquistando a partir do s.XVIII e teñen o individuo como protagonismo. b)Os dereitos de segunda xeración recoñecéronse a partir do s.XIX e son de carácter colectivo e social. c)Os dereitos de terceira xeración engadíronse no s.XX e aluden á humanidade como tal. 3.1.Dereitos de primeria xeracón. Son dereitos civís e políticos. Foron os primeiros en alcanzar un recoñecemento xurídico por parte dos Estados occidentais a partir do s.XVIII, grazas, principalmente, ás revolucións americana e francesa. O seu obxectivo é a protección da liberdade do individuo, así como da súa integridade física, e ofrecer canles de participación pública aos cidadáns no poder político. 3.2.Dereitos de segunda xeración...