Ir al contenido principal

2.Características do moral.

2.Características do moral.
2.1.As accións instintivas.
Cando percibimos un perigo, notamos unha ameaza na escuridade ou vemos un posible agresor, sentimos medo e quedamos paralizados ou tratamos de fuxir. Ante un exame complicado, podémonos poñer nerviosos, súaannos as mans e a algún mesmo se lle quitan as ganas de comer.

Estes son só dous exemplos dese tipo de reaccións que chamamos <<accións do ser humano>>. Estas accións dicimos que son instintivas.

Os instintos son pautas de acción ou condutas que non aprendemos e que están moi relacionadas co corpo e as súas reaccións para adaptarse ao medio.

Dise que os instintos son hereditarios porque non son aprendido, polo que mostran poucas variacións dun individuo a outro da mesma especie.

2.2.A acción moral é libre.
No ser humano, a diferencia dos animais, case toda a súa conduta está moldeada pola súa vontade, dirixida pola súa razón e a súa intelixencia.

A liberdade ten moitos significados. Pero a liberdade á que nos referimos aquí é a liberdade para elixir, para decidir, para escoller, para obrar ou para deixar de facelo, para actuar ben ou para facelo mal. Está é a condición fundamental para considerar moral unha acción ou para chamar moral a un individuo. E a liberdade moral pode considerarse a base de todas as demais formas de liberdade.

2.3.Somos resposables.
Ligada á liberdade encóntrase a responsabilidade. Son dúas caracteristicas da acción moral que sempre van xuntas.

A medida que te vas facendo maior, os teus pais vanche dando cada vez máis liberdade, para saíres cos teus amigos, para organizares o teu traballo... A cambio, pídenche que respondas cumprindo cun rigor tamén maior os teus deberes de estudar, de traballar, de colaborar na casa... Estás aprendendo a ser responsable.

Por que é importante ser responsable? Porque cando sexas maior de idade e non esteas baixo a protección dos teus pais, tamén terás que responder das consecuencias dos teus actos, sempre que sexan accións que ti executas libremente.

Unida á responsabilidade aparece a bondade ou a maldade das accións. Isto é algo que todo o mundo recoñece asociado, sobre todo, á acción moral ou inmoral.


3.A ética.
3.1.A reflexión sobre a moral.
Cada un de nós móvese e respira aínda que non coñexa as leis biolóxicas que rexen os nosos movemetos nin a respiración. Tamén eliximos entre o que está ben e o que está mal, sentimos que alguén obrou inxustamente, escollemos axudar a un compañeiro ou compañeira que o necesita...; é dicir, actuamos de forma moral aínda que non saibamos que é iso nin en que consiste.

Cando somos nenos, os nosos pais e os nosos mestres ensínannos como debemos comportarnos, que é o que está ben e o que está mal. Tamén inflúe na nosa idea do que está ben ou mal o que pensa a xente que está arredor nosa, é dicir, os costumes e as tradicións dos nosos concidadáns.

Pero, a medida que imos medrando e coñecendo outros modos de facer, de pensar e de comportarse, tamén nós empezamos a prgeuntar se o que nos ensinaron, o que pensamos sobre a vida ou o que consideramos bo e malo é realmente así. Desde ese momento, aínda que non o saibas, empezas a construír a túa propia ética.

O <<moral>> é unha calidade da vida humana, mentres que a ética é a reflexión que se fai sobre a vida moral.

3.2.A ética como ciencia.
A ética é unha ciencia que naceu en Grecia no s.V a.C. Adóitase considerar o filósofo ateniense Sócrates como o seu creador.

Sócrates dilogaba cos seus amigos sobre o que consideraban bo ou malo. Despois, razoando entre eles, descubrían que era válido e que non de todo o aprendido con anterioridade.

Tras Sócrates, outros pensadores fixéronse preguntas sobre os problemas morais dos seres humanos e deron respostas moi variadas.

A ética é a ciencia que reflexiona sobre a conduta moral dos seres humanos para comprobar se a nosa forma de actuar e as normas nas que se basea poden xustificarse racionalmente.

Moitas desas normas morais foron propostas polas distintas relixións a xeito de leis divinas.

Unha característica de todas estas normas morais de orixe relixiosa é que son particulares; é dicir, que as consideran válidas e as practican os crentes respectivos..

A ética, aspora a unha regulación racional da vida moral. Por ser racional, pode ser aplicable e válida para todos os seres humanos, xa que todos temos en común a facultade da razón.



-Facede un resumo da vida de Sócrates.

- Describe una acción de carácter moral (una boa acción, una acción mala, un castigo, un consello) e fai una reflexión (ética) sobre ela: por que está ben ou está mal?, por que é xusto ou inxusto o castigo?...

Comentarios

Entradas populares de este blog

3.Historia dos dereitos humanos. O desenvolvemento histórico dos dereitos humanos consta de tres episodios (<<xeracións>>), que fan referencia á orde da súa consecución histórica e ao seu destinatario inmediato: a)Os dereitos de primeira xeración fóronse conquistando a partir do s.XVIII e teñen o individuo como protagonismo. b)Os dereitos de segunda xeración recoñecéronse a partir do s.XIX e son de carácter colectivo e social. c)Os dereitos de terceira xeración engadíronse no s.XX e aluden á humanidade como tal. 3.1.Dereitos de primeria xeracón. Son dereitos civís e políticos. Foron os primeiros en alcanzar un recoñecemento xurídico por parte dos Estados occidentais a partir do s.XVIII, grazas, principalmente, ás revolucións americana e francesa. O seu obxectivo é a protección da liberdade do individuo, así como da súa integridade física, e ofrecer canles de participación pública aos cidadáns no poder político. 3.2.Dereitos de segunda xeración
Boas tardes a todos!! Espero que todos esteades ben!! Querovos recordar que o día 27 remata a posibilidade de subir nota. Un saúdo.
2 Límites da esixencia pública. Asumimos que todos debemos contribuir ao ben público, pero canto? Cales son os límites que podemos marcar e máis alá dos cales non estamos obrigados a facer achegas? Este tipo de preguntas fixéronse moi relevantes nos s. XVII e XVIII en boa parte de Europa. 2.1Locke O filósofo inglés John Locke defendeu que se pertencemos a unha sociedade é para que protexa a nosa vida, a nosa liberdade e os nosos bens; polo tanto, non pode quitarnos nada diso. Este límite marca a súa oposición ao absolutismo: se os gobernantes queren despoxarnos dos nosos bens, estannos a declarar a guerra e temos dereito a defendernos. De aí que a súa proposta se denomine <<liberalismo>>, porque pretende protexer a liberdade dos individuos dentro da orde social. O poder de quen fai as leis remta alí onde remata o ben público. Locke inaugurou a liña que conduce ás declaracións de dereitos humanos, posto que mantiña que os seres humanos nacían libres