Ir al contenido principal

Ética e dereito

Ética e dereito

1.1 Xustiza e lei.
A ética intenta axudarnos a descibrir o que está ben ou o que está mal e por que. Naturalmente, esta investigación oriéntanos na busca da xustiza. Con ella intentamos establecer harmonía individual e social. Interésannos persoas e sociedades xustas.

Como repartir as tarefas e os beneficios de todos para favorecer ao máximo e prexudicar o menos posible? Certamente, diferentes pobos e autores deron diversas respostas a esta pregunta, de modo que o que nuns lugares parece xusto, noutros non o é.

Para levar á práctica as decisións dos gobernantes dunha sociedade está o dereito. O seu marco, curiosamente, non é tanto o da xustiza como o da lei. As cuestións fundamentais son: quen fai as leis? Como as fai? A quen se aplican? E como se sancionan os que as incumpren?

Se os gregos foron os grandes pensadores acerca da xustiza, o noso sistema legal débelles moito máis aos romanos.


1.2. Axustiza na Grecia clásica.
Heráclito consideraba que a xustiza era un asunto humano, dado que para Deus todo é bo e xusto, mentres que o sofista Protágoras pensaba que se trata dunha decisión de cada sociedade segundo o criterio da súa opinión pública.

Non obstante, Sócrates e Platón tiñan unha idea da xustiza que a convertía nunha realidade eterna e inmutable, e defendían que tanto a vida dos individuos coma a organización do Estado debían rexerse polo obxectivo de alcanzar a xustiza e o ben, máis alá dos criterios variables dos gobernantes ou dos xíces.

Sócrates incomodaba os seus concidadáns preguntándolles: <<Non te avergonzas de preocuparte de como terás as maiores riquezas, a maior fama, as maiores honras e, en cambio, non te preocupas nin te interesas pola intelixencia, pola verdade e por como a túa alma vai ser mellor posible?>>.


1.3. Roma e o dereito.
O imperio romano estendeuse tanto e perdurou durante tanto tempo que se fixo necesario que organizase un sólido e unitatio sistema legal no que se establecera claramente e para todos os habitantes do imperio o que estaba permitido e o que estaba prohibido en todo o seu territorio. Naturalmente, tratouse dunha tarefa ardua, dada a enorme variedade de costumes, de crenzas e de persoas ás que debía aplicarse.

O dereito romano responde, xa que logo, a cuestións prácticas. Orixinariamente, os paticios (os nobres) eran os ue decidían acerca das normas, pero o pobo (os plebeos) esixiu que se lle aclarase por escrito cales eran, para saber mellor a que aterse e para evitar a arbitrariedade e os abusos na aplicación das leis por parte dos poderosos.

Naturalmente, a elaboración desas normas foi un proceso longo cheo de dificultades, pero o importante é que se onseguiu fixar un sistema aplicable con amplitude e uniformidade, que era coñecido polos cidadáns.


1.4. Relación entre ética e dereito.
Aparentemente, a ética e o dereito deberían coincidir, porque o ideal é que as leis reflictan a xustiza. Pero non sempre é así. As leis varían tanto dunhas épocas a outras e duns lugares a outros como para pensar que non todas ellas son xustas. E se hai leis inxustas, á vez que hai cousas xustas que non están amparadas pola lei..., a conclusión é clara: desgraciadamente, a lei e a xustiza non sempre coinciden.

Ademais, é importante ter en conta que, aínda que cada un de nós poida ter unha idea máis ou menos firme e unívoca acerca de que é xusto e que non o é, non resulta doado que todos nos poñamos de acordo niso.

Outro problema engadido é o da aplicación das leis aos casos concretos, que é a tarefa dos xuíces. O seu traballo consiste, precisamente, en facer cumprir a lei, pero é un labor complicado, porque ningún caso é igual a outro, as súas circunstancias son diferentes, e é necesario encaixalos nunha norma xeral. Polo tanto, aínda que tivésemos unha idea universal da xustiza e unhas leis acordes con ella, persistiría a dificultade da súa aplicación. 


-Imaxina que un policía obtivo unha gravación na que un delincuente recoñece que cometeu un delito. Supón que a gravación non é legal. Que debe facer o xuíz? Por que?


Comentarios

Entradas populares de este blog

3.Historia dos dereitos humanos. O desenvolvemento histórico dos dereitos humanos consta de tres episodios (<<xeracións>>), que fan referencia á orde da súa consecución histórica e ao seu destinatario inmediato: a)Os dereitos de primeira xeración fóronse conquistando a partir do s.XVIII e teñen o individuo como protagonismo. b)Os dereitos de segunda xeración recoñecéronse a partir do s.XIX e son de carácter colectivo e social. c)Os dereitos de terceira xeración engadíronse no s.XX e aluden á humanidade como tal. 3.1.Dereitos de primeria xeracón. Son dereitos civís e políticos. Foron os primeiros en alcanzar un recoñecemento xurídico por parte dos Estados occidentais a partir do s.XVIII, grazas, principalmente, ás revolucións americana e francesa. O seu obxectivo é a protección da liberdade do individuo, así como da súa integridade física, e ofrecer canles de participación pública aos cidadáns no poder político. 3.2.Dereitos de segunda xeración
Boas tardes a todos!! Espero que todos esteades ben!! Querovos recordar que o día 27 remata a posibilidade de subir nota. Un saúdo.
2 Límites da esixencia pública. Asumimos que todos debemos contribuir ao ben público, pero canto? Cales son os límites que podemos marcar e máis alá dos cales non estamos obrigados a facer achegas? Este tipo de preguntas fixéronse moi relevantes nos s. XVII e XVIII en boa parte de Europa. 2.1Locke O filósofo inglés John Locke defendeu que se pertencemos a unha sociedade é para que protexa a nosa vida, a nosa liberdade e os nosos bens; polo tanto, non pode quitarnos nada diso. Este límite marca a súa oposición ao absolutismo: se os gobernantes queren despoxarnos dos nosos bens, estannos a declarar a guerra e temos dereito a defendernos. De aí que a súa proposta se denomine <<liberalismo>>, porque pretende protexer a liberdade dos individuos dentro da orde social. O poder de quen fai as leis remta alí onde remata o ben público. Locke inaugurou a liña que conduce ás declaracións de dereitos humanos, posto que mantiña que os seres humanos nacían libres