Ir al contenido principal
2 Límites da esixencia pública.
Asumimos que todos debemos contribuir ao ben público, pero canto? Cales son os límites que podemos marcar e máis alá dos cales non estamos obrigados a facer achegas? Este tipo de preguntas fixéronse moi relevantes nos s. XVII e XVIII en boa parte de Europa.

2.1Locke
O filósofo inglés John Locke defendeu que se pertencemos a unha sociedade é para que protexa a nosa vida, a nosa liberdade e os nosos bens; polo tanto, non pode quitarnos nada diso.

Este límite marca a súa oposición ao absolutismo: se os gobernantes queren despoxarnos dos nosos bens, estannos a declarar a guerra e temos dereito a defendernos. De aí que a súa proposta se denomine <<liberalismo>>, porque pretende protexer a liberdade dos individuos dentro da orde social. O poder de quen fai as leis remta alí onde remata o ben público.

Locke inaugurou a liña que conduce ás declaracións de dereitos humanos, posto que mantiña que os seres humanos nacían libres, iguais e independentes <<por natureza>>. E argumentaba que non se lle podía quitar nada diso a un ser humano sen o seu consentimento, de maneira, que se se renunciaba a algúns dereitos naturais, só era a cambio de beneficios sociais: unha vida cómoda, segura e pacífica que permitese gozar dos propios bens.


2.2Rousseau
O filósofo francés Jean-Jacques Rousseau tamén se preguntou cales son os límites do poder político, ata onde estamos obrigados a obedecer. El opinaba que o ben común consiste en dous dos dereitos que mencionaba Locke: a liberdade e a igualdade. Polo tanto, se eses son os obxectivos da sociedade, o fundamento do pacto polo que nos unimos a ella e nos comprometemos a obedecer, os gobernantes non poden actuar contra eles.

Na súa opinión, dado quen vai ter que cumprir as leis é o pobo, só el pode ser o seu autor. En último termo, a soberanía pertence ao pobo e adquire o seu sentido pola procura do ben común, de maneira que os lexisladores teñen que ser capaces de entender que é o que lle convén ao pobo para propoñer cales son os deberes ue hai que cumprir para conseguilo.

Cal é, polo tanto, o límite do poder público? Pois, por exemplo, poden pedirme que contribúa na construción dun hospital ou dunha vía públicos, pero non na do chalé ou do pazo dun cidadán particular.


2.3Kant
Kant defendía a liberdade de pensamento e de opinión para que os investigadores puidesen buscar, expoñer e propoñer todas aquelas ideas que servisen para mellorar a vida humana.

Non obstante, tamén sostiña que esa liberdade non implicaba que alguén puidese negarse a cumprir as súas tarefas profesionais, as súas obrigas adquiridas mediante un contrato con quen lle encargou que desempeñe unhas tarefas determinadas.

O bo funcionamento dunha sociedade esixe que algúns dos seus membros cumpran certas ordes encamiñadas a lograr os fins públicos. Neses casos, <<non está permitido razoar, senón obedecer>>


2.4Sócrates
Pero seguramente, o exemplo máis notable da historia da filosofía en canto ao compromiso coas leis é moi anterior e atopámolo na vida de Sócrates, filósofo grego do s.V a.C., quen foi condenado inxustamente a morte pero que se negou a fuxir cando tivo a oportunidade de escapar.

Para xustificar o seu rexeitamento, argumentou así aos seus discípulos: unha fuga é algo inxusto e nunca debe cometerse unha inxustiza, nin sequera como resposta a outra. Se o fixésemos, sempre poderiamos considerar que os demais actúan incorrectamente e xustificar calquera maldade, de maneira que non pode tolerarse ese proceder. O respecto á lei debe manterse mesmo cando se está en desacordo con ella. Pero iso non significa que non debamos intentar cambias as leis inxustas.

  • Que che parece a actitude de Sócrates? Cres que cada un pode cumprir as leis segundo lle pareza que son correctas ou non? Por que?




Comentarios

  1. Que che parece a actitude de Sócrates? A actitude de Socrates me pareze fai o que pensa e manten a súa postura ética a pesar de que o perxudica.
    Cres que cada un pode cumprir as leis segundo lle pareza que son correctas ou non?
    No. Por que? Porque si non se cumpre unha lei todos fan o que lles parezca ben e todo seria un caos, e seria imposible vivir en sociedade.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Boas tardes a todos!! Espero que todos esteades ben!! Querovos recordar que o día 27 remata a posibilidade de subir nota. Un saúdo.
3.Historia dos dereitos humanos. O desenvolvemento histórico dos dereitos humanos consta de tres episodios (<<xeracións>>), que fan referencia á orde da súa consecución histórica e ao seu destinatario inmediato: a)Os dereitos de primeira xeración fóronse conquistando a partir do s.XVIII e teñen o individuo como protagonismo. b)Os dereitos de segunda xeración recoñecéronse a partir do s.XIX e son de carácter colectivo e social. c)Os dereitos de terceira xeración engadíronse no s.XX e aluden á humanidade como tal. 3.1.Dereitos de primeria xeracón. Son dereitos civís e políticos. Foron os primeiros en alcanzar un recoñecemento xurídico por parte dos Estados occidentais a partir do s.XVIII, grazas, principalmente, ás revolucións americana e francesa. O seu obxectivo é a protección da liberdade do individuo, así como da súa integridade física, e ofrecer canles de participación pública aos cidadáns no poder político. 3.2.Dereitos de segunda xeración