Conflitos nas nosas relacións.
1. Comportamentos conflitivos.
nas nosas relacións cos demais, sempre é posible ter experiencias negativas, como desenganos, traizóns ou distanciamento, e mesmo agresivas, como discusións e pelexas.
Estes conflitos ás veces resólvense e ás veces non, pero normalmente non se prolongan durante moito tempo, son pasaxeiros.
Non obstante, o bullying é un comportamento grave de acoso intencionado dun agresor que maltrata a súa vítima, quen, á súa vez, sente dominada e impotente. O bullying é un comportamento continuado no tempo e prodúcese tanto ente rapaces coma entre rapazas.
O agresor goza e fachendea ante os demais compañeiros, que actúan como cómplices pasivos do sufrimento que ocasiona ao agredido, o cal está sempre en desvantaxe.
O fustrigamento á vítima pode ser de forma física ou a través das redes sociais. É ameazada, esíxeselle diñeiro ou é insultada, sofre agresións físicas e propáganse falsos rumores denigrantes.
Nesta situación, a vítima séntese indefensa e acurralada emocional e socialmente ante os seus compañeiros e compañeiras. Non se atreve a pedir axuda por medo a que a descubran e se recrúen as ameazas e o seu desprestixio social.
Exercicio.
Que características definen o bullyng? Pódense dar casos similares de acoso aos adultos nas empresas?
cuando es la fecha límite para entregarlo?
ResponderEliminarBuenos días!! Cuando lo tengáis. Un saludo
Eliminardecir cosas que no son cierta y acoso fisico o mental.si
ResponderEliminarBuenos días!! Lo tienes que mandar por correo electrónico. No aquí. Un saludo
Eliminar